Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 12 de decembro de 2014

O NOSO MUÍÑO NO CONCURSO ENVASARTE



Lembrades que hai un tempo vos dixemos que estabamos a construír algo cos envases de cartón do leite? Pois grazas á colaboración das familias do cole conseguimos os suficientes para facer un muíño no que podemos entrar a xogar do grande que é. A verdade é que aínda non está rematado porque queremos pintalo e poñelo máis bonito enchendo as paredes con adiviñas, poemas, refráns, cantigas... relacionadas cos muíños e as muiñadas. Pero xurdiu a oportunidade de participar no concurso ENVASARTE e había que subir a nosa "obra" á rede antes do 17 de decembro. E agora conseguir votos para poder optar aos premios. Nós continuaremos traballando no noso proxecto dos muíños. Se queredes mirar o noso muíño e votar (é gratuíto, só tedes que entrar no enlace, poñer o voso enderezo electrónico e despois entrar no voso correo e confirmar o voto), aquí vos deixamos o enlace:





Ningún comentario:

Publicar un comentario