Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 19 de decembro de 2014

BO NADAL!!!

Hoxe celebramos en Leiro a festa de Nadal con xogos, actuacións, unha merenda saborosa á que nos convidaron os nenos e nenas de 4 anos e a visita do Apalpador, que veu recoller as nosas cartas e a repartir chocolates. O fin de festa púxoo a Escola de Música de Ribadumia coas súas panxoliñas. Desde o cole queremos desexarvos a todos unhas felices festas e un ano 2015 cheo de saúde e ledicia. Non esquezades ler durante as vacacións!! Vémonos á volta, o xoves 8 de xaneiro.





Ningún comentario:

Publicar un comentario