Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 17 de decembro de 2014

JUANITA E O PROBLEMA DA TALA


Juanita veu unha vez máis visitarnos e desta volta traía un debuxo. Fómolo pasando e mirando, primeiro sen dicir nada, só pensando cada un no que alí aparecía. Xa nunha segunda rolda, fomos dicindo que nos parecía que estaba pasando alí.

W: Que está cortando todos los árboles y queda un árbol y están todos los animales
N: Que están cortando los árboles y en un árbol están todos los animales. Y como corte ése, se quedan muertos
R: Que los animales tienen miedo de caerse
P: ¿Por que?
R: Porque si lo cortan, se caen
U: Hai moitas follas e animales. Están na Selva Amazónica. Está Félix
An: Están cortando todos los árboles y tienen miedo que corten este árbol, que es el último y se van a caer del último árbol y piensan que son hojas
O: Que cortaron todos los árboles y ese falta y le da miedo a esos animales
H: Hay tantos animales
P: ¿Cuáles hay?
H: Una cigüeña, un oso hormiguero, un jaguar, una serpiente, un flamenco, un tucán, un león, una oveja, un canguro, un erizo y un perezoso
L: Y una hiena, éste parece una hiena
H: Y un cocodrilo!
G: Que cortaron todos los árboles
P: Quen?
G: O señor
P: E como sabes que foi ese señor?
An: Porque tiene un hacha
G: Porque tiene animales
O: Porque tiene un hacha
An: Porque tiene un hacha, hombre! Y se van a hacer daño!
P: E que pasaría se agora ese home cortara esa árbore?
R: Que caían los animales y morían
D: E os collería
H: Y se "dieran" un golpe
R: Se mueren
O: Y también el médico
Lu: Lo cortan porque los que tienen una hacha lo cortan y los animales se tienen que ir al hospital de animales
R: Sí, él tiene que llevarlos por cortar los árboles, hala!
D: Van caer todos os animales e vanse facer seguro daño
R: Y una pupa
La: Poden rascarse aquí na espalda e poden morrer.
P: E agora como quedou este sitio?
An: Cortado de árboles
P: Vós sabedes canto tarda unha árbore en medrar así tanto coma esta?
La: No
An: Mucho. Cien días
R: Mil días
H: O catorce mil días
P: Vós algunha vez plantáchedes unha árbore?
Varios: Non, eu non.
Varios: Yo sí
An: Yo sí, yo tengo un árbol gigante con flores
U: Eu tamén
P: Pero plantáchelo ti?
An: Sí
P: Desde que era unha semente pequerrechiña?
An: Sí, le eché agua y creció y creció.
P: Para que unha árbore chegue ata aquí arriba fan falta moitos anos. Vai medrando pouco a pouco cada ano un chisco máis.
H: Y después los animales se suben
P: E canto tempo lle levou ao home cortar unha árbore?
H: Moito
An: Moito
Varios: Pouco!! Menos!
D: Pouco. Así, corta un poquito e despois...chaaaas, xa se corta
P: Logo estas árbores que lles levou tanto tempo medrar, chega este home e en cinco minutos córtaos todos. Esto que pensades que era antes?
R: Un bosque
D: Unha selva, como a selva do Amazonas
P: Como a selva do Amazonas. E os animais que necesitan?
H: Árboles
P: Para que?
R: Para poder vivir
P: E se lles cortan todas?
H: Non poden vivir
La: Non teñen onde vivir, nin onde comer, nin onde beber
P: Como están estes animais que hai subidos na árbore? Que cara teñen?
Varios: De malos
P: De malos?
Varios: Noon
- De tristes
- De mal humor
- De asustados
- De risa
- De serios
P: Como estariades vós se vos fosen tirar a vosa casa?
- Muy enfadados
- Con moito medo
- Llorando
- Muy tristes
- Eu escaparía cunha corda larga, larga, larga...
P: Imaxinádevos un perezoso que sempre está colgado das árbores. Se lle cortan todas, morre. Ou os animais que comen as follas das árbores. Se non hai árbores, morren de fame. Pois sabedes a min esta imaxe lémbroume un libro que trouxo Wences que fala dun problema moi grande que hai na Selva Amazónica. Queredes ver as fotos que veñen no libro de Wences?
Todos: Siii

Neste momento buscamos as imaxes que veñen no libro que trouxo Wences onde aparecen varios dos problemas que sufre a Selva Amazónica e lemos o texto. Problemas como o lume, a tala indiscriminada, a contaminación... van aparecendo xunto ás fotos.

Logo Juanita fainos unha proposta: con rotuladores e un chisco de maxia imos volver a facer medrar todas esas árbores que talou o home. Concienciados e decididos, as árbores voltaron a medrar ata o ceo. E o home e a súa machada foron "castigados" riscándoos cos rotus "para que nunca máis volten cortar as árbores, hala".



Ningún comentario:

Publicar un comentario