Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 8 de maio de 2019

HOXE VISÍTANNOS O AVÓ PEPE E A AVOA LUISA DE LOIS

Dentro da actividade do libro viaxeiro dos Superavós posto en marcha pola profe Ana, viñéronos visitar os avós de Lois: Pepe e Luisa. No libro xa nos adiantaran cales eran as súas afecións e algunha cousiña máis. Así que partindo de aí, fixemos de xornalistas e pensamos varias preguntas que lles podiamos facer. Acabamos descubrindo como se pinta un coche, que é pintar ao óleo, como se toca o acordeón... Soubemos que a avoa Luisa formou parte do primeiro equipo de fútbol feminino de Ribadumia de finais dos anos 60, que bailaba nun grupo, que é costureira desde os 14 anos e que ía camiñando dous quilómetros diarios para ir aprender... Quedamos abraiados ao coñecer que o avó Pepe pinta uns cadros preciosos, que fixo exposicións en Ribadumia e Pontevedra e levou moitos premios, que é o autor dos carteis da Festa do Tinto e que co grupo no que el toca o acordeón xa van sacar o seu segundo cd de cancións...
Moitísimas grazas aos dous por compartir esta mañá con nós e polo agarimo co que preparáchedes todo. Lois, tes uns superavós fantásticos!



Cadros pintados por Lois axudado polo avó Pepe
Cadros pintados polo avó Pepe



A avoa Luisa e o avó Pepe

Algunha das preguntas que preparamos

Máis preguntas para os avós


Preguntamos





Moitas grazas pola vosa visita!







venres, 3 de maio de 2019

VISITAMOS OS SUPERMAIORES!

Dentro do Plan Proxecta Voluntariado Miúdo Móvete! deste curso, unha das actividades que agardabamos con máis ilusión era a visita á residencia dos superavós e superavoas de Ribadumia. Hoxe as familias deixáronos na porta e dentro xa estaban preparados para recibirnos. Foi unha xornada de convivencia xenial. Coñecimos as instalacións, xogamos, preparamos o decorado da obra de teatro Avós cos supermaiores, vimos e participamos na obra de teatro, cantamos, plantamos árbores... Moitísimas grazas aos traballadores da residencia e en especial a Andrés, que organizou a visita e nos acompañou en todo momento. E por suposto, unha aperta a todos os superavós e superavoas que nos recibiron cos brazos abertos e nos acolleron con tanto agarimo. Neste enlace podedes ver un resumo e as fotos no blog da residencia.




























xoves, 2 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019 ANTONIO FRAGUAS




O Día das Letras Galegas deste ano homenaxea ao antropólogo, xeógrafo e historiador Antonio Fraguas. Nós seguimos as propostas do Seminario Galán. Picando no enlace podedes acceder á súa Biografía




















Había un peixiño nadando polo mar...

Veu un pequechiño e quíxoo merendar:
Ñam, ñam!








ASÍ MEDRA UNHA PLANTA






mércores, 1 de maio de 2019

FESTA DOS MAIOS


Armando o Maio. Grazas, profes!

Alfombra con elementos naturais

Flores, pedriñas, paus para a alfombra
Traballando arreo

Cadenetas de pampullos

Obradoiro de compostaxe

Merenda convidados polas familias de 5 anos

Chegan as gaitas


Cantamos e bailamos ao redor do maio