Dentro da actividade do libro viaxeiro dos Superavós posto en marcha pola profe Ana, viñéronos visitar os avós de Lois: Pepe e Luisa. No libro xa nos adiantaran cales eran as súas afecións e algunha cousiña máis. Así que partindo de aí, fixemos de xornalistas e pensamos varias preguntas que lles podiamos facer. Acabamos descubrindo como se pinta un coche, que é pintar ao óleo, como se toca o acordeón... Soubemos que a avoa Luisa formou parte do primeiro equipo de fútbol feminino de Ribadumia de finais dos anos 60, que bailaba nun grupo, que é costureira desde os 14 anos e que ía camiñando dous quilómetros diarios para ir aprender... Quedamos abraiados ao coñecer que o avó Pepe pinta uns cadros preciosos, que fixo exposicións en Ribadumia e Pontevedra e levou moitos premios, que é o autor dos carteis da Festa do Tinto e que co grupo no que el toca o acordeón xa van sacar o seu segundo cd de cancións...
Moitísimas grazas aos dous por compartir esta mañá con nós e polo agarimo co que preparáchedes todo. Lois, tes uns superavós fantásticos!
|
Cadros pintados por Lois axudado polo avó Pepe |
|
Cadros pintados polo avó Pepe |
|
A avoa Luisa e o avó Pepe |
|
Algunha das preguntas que preparamos |
|
Máis preguntas para os avós |
|
Preguntamos
|
|
Moitas grazas pola vosa visita! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario