Para celebrar o Día das Letras Galegas unímonos á proposta do Seminario Galán e dos Equipos de Normalización Lingüística convidando a todas as familias do noso CRA a elixir a cantiga galega que máis lles gustara na casa e ilustrala. Na nosa aula, A saia da Carolina foi a máis repetida. Pero houbo moitas máis. Aquí volas deixamos! Picando en cada unha podedes ir ao video que mandastes ou que buscamos nós. Se queredes, podedes mandarnos o enlace doutros que coñezades. Moitas grazas a todas por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario