Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 1 de maio de 2025

AS XOANIÑAS DE PABLO

 



O noso compañeiro Pablo trouxo tres xoaniñas que atopou na viña para amosárnolas. Na hora do patio foron marchando unha a unha mentres lles cantábamos: Xoaniña, voa, voa, que che hei dar pan de broa. Pablo aprendeunos outra que canta el: Xoaniña de Dios, abre las alas y vete con Dios. E para rematar limos un libro que fala da vida das xoaniñas. Moitas grazas a Pablo e á súa familia por compartir con nós este momento máxico. Encantounos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario