O mércores tivemos a visita de Rosa, a avoa de Eric. Contounos que lle gusta moito cantar e que hai anos cantaba nunha orquestra. Amosounos fotos subida ao escenario co micrófono e cantounos unha canción preciosa adicada ao seu neto Eric. Que atentos estábamos escoitándoa!
Tamén nos contou o conto: Bos días, avoa, que nos deu para comentar canto queremos as nosas avoas e o ben que o pasamos compartindo tempo e aventuras con elas: cociñar, xogar, debuxar, xantar, regar as plantas... Non hai nada que se lles resista ás nosas superavoas!
E para rematar, agasallounos cun pompeiro para cada un e nós lle fixemos uns debuxos para que levase de recordo. Moitas grazas pola túa visita, Rosa! Encantounos compartir este ratiño contigo! Esperamos que ti o pasases tan ben coma nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario