Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 18 de marzo de 2025

8M, DÍA DA MULLER: ANA, A AVOA DE ADÁN

 









O luns visitounos Ana, a avoa de Adán. Viña cargada con fotos, un globo terráqueo e un conto para cada un. Amosounos as fotos de cando era nena, contounos que naceu moi lonxe de aquí, nun país que se chama Uruguay e que nos axudou a situar no globo terráqueo. Aos doce anos veu para Cambados coa súa familia nunha longa viaxe en avión da que lembra que comeu moitos xeados. Cando chegou non lle gustou moito o que atopou, afeita como viña a vivir nunha capital. Pero despois comezou a ir á escola, fixo moitos amigos e pasou a sentirse moito mellor. Con Adán sempre está compartindo aventuras: xogan ás cartas, fan manualidades e ata carreiras de coches. Xa están preparando a súa vindeira aventura xuntos. Cal será esta vez?

Moitísimas grazas pola túa visita, Ana. Encantounos que viñeras ao cole. Pasámolo moooooi ben. Esperamos que che gustaran os nosos debuxos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario