Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 9 de maio de 2024

SIMULACRO DE INCENDIO

É fundamental saber como reaccionar se hai unha emerxencia por incendio no cole: que temos que facer, como, cando... Este vídeo axudounos a entendelo mellor. Estivemos comentando as diferencias que hai entre un cole grande coma o que sae no vídeo e un cole pequeno coma o noso. Pero o principal é o mesmo: Escoitar as indicacións da profe, deixar o que estamos facendo e camiñar en fila, con calma, sen correr, nin berrar nin dar empurróns.




Ningún comentario:

Publicar un comentario