Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 24 de maio de 2024

O LIBRO DE PEIXES DE MANU

 Lembrades que a final do curso pasado levamos un caderno para pintar con pinceis e pinturas no verán? Pois hoxe Manu tróuxoo cheo de peixes e criaturas mariñas que pintou co seu pai ao longo de todo un ano: un cabaliño de mar, unha troita, un rape, un polbo, unha candorca, chocos, un peixe pallaso, un peixe globo...En cada páxina un diferente con cadanseu nome. Manu foinos amosando e dicindo o nome de cada un. Unha verdadeira obra de arte feita en familia. Moitas grazas por compartilo con nós. Gustounos moitísimo!




Ningún comentario:

Publicar un comentario