Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 12 de novembro de 2023

FOTOS DE BEBÉS

 



Esta semana limos na edición dixital da Voz de Galicia que en Vilagarcía hai unha fotógrafa que se chama Nuria Atanes e que é especialista en facer fotos de bebés. Tan ben e tan bonitas as fai que varias delas veñen de acadar premios a nivel internacional. Estivemos vendo as fotos que fai, comentando as expresións dos bebés: "están durmidos", "están a gusto", "sorrín", "esa parece Caperucita"... Nuria coñece todos os trucos para que os bebés estean relaxados nas sesións de fotos.

Despois estivemos vendo fotos nosas de cando éramos bebés e xogando a adiviñar quen era quen. Que difícil! Vaia caras de sorpresa ao non recoñecernos nas fotos! Non nos parecemos en nada! Pero unha vez que soubemos quen era quen, resultou doado asociar cada foto co nome do bebé que aparecía nela.



Ningún comentario:

Publicar un comentario