Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 15 de abril de 2020

OS COMEFROITAS NECESITAN AXUDA!




Acaban de chegar noticias dos Comefroitas e pídennos axuda! Picade aquí para escoitalos con atención.
Listos para axudalos? Mans á obra!
Para preparar unha foto divertida comendo froita, podemos buscar inspiración en internet. Mirade aquí.
Cando teñades o prato preparado, facédelle unha foto e mandádella á profe, que imos montar un xogo de adiviñas cando estén todos listos. Teremos que adiviñar que froitas se empregaron para preparar cada prato. Como cadaquén sabe as do seu, para non esquecelas, podedes apuntalas aquí ou en calquera papel, libreta...(con todas faremos o Solucionario do Xogo de Adiviñas dos Comefroitas).

Ningún comentario:

Publicar un comentario