Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 14 de abril de 2020

E CHEGOU O TERCEIRO TRIMESTRE





Comezamos o terceiro trimestre e imos organizar o que facemos todos os días no cole cando chegamos para poder facelo na casa.

- Miramos quen é o encargado. Desde a casa vainos tocar todos os días selo. Pero xa sabemos o que temos que facer, verdade? 

- Calendario. Temos que ter diante un calendario do mes de abril de 2020. Se non tedes, picade aquí. Riscamos os días que xa pasaron ata chegar ao 14, que o rodeamos. Cada día rodeamos o seguinte e riscamos o anterior. Comezamos contando en alto desde o día 1 ata chegar ao día que estamos 14. Hoxe é día 14. E como se escribe? Un 1 e un 4. Despois miramos que día da semana é: martes. Os sábados, domingos e festivos poñemos unha pegatina vermella (ou coloreamos). Miramos tamén en que estación do ano estamos e o ano. Cantamos/dicimos en alto os días da semana e os meses do ano.

- O Tempo. Miramos por unha ventá o tempo que fai hoxe: sol, nubes con sol, choiva...

- Aquí temos o calendario que usamos no cole (3,4,5 anos) para descargar. Buscamos o lugar onde corresponde poñer a data, escribimos o número e debuxamos o tempo.

- Cantamos a canción do Abecedario e lembramos as letras. Aquí tedes o que empregamos no cole.

- Aquí temos a lista de aula. Buscamos o noso nome e dicimos en alto o dos compañeiros e compañeiras. 
3 anos: escribimos o noso nome e contamos as letras que ten. 4 anos: escriben tamén o número de letras ao lado do nome. Cada día elixen un nome diferente da lista de aula para escribir o nome en maiúsculas e contar as letras. 5 anos: escriben tamén o número de letras ao lado do nome. Cada día elixen un nome diferente da lista de aula para escribir o nome en minúsculas e contar as letras.

- Aquí tedes o Abecedario e a recta numérica para imprimir.

Se non tedes posibilidade de imprimir, podedes facelo oralmente e/ou escribir nunha libreta/folio que teñades na casa. Ao mellor así explicado parece un pouco complicado pero eles vanvos axudar. Saben moito máis do que pensamos! Se tedes calquera dúbida, mandade un correo electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario