Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 5 de novembro de 2019

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS




O mes de novembro as bibliotecas públicas ofertan unha chea de actividades de ciencia en galego. Nesta guía podedes consultalas todas. Nas imaxes aparecen as actividades axeitadas para Infantil que se desenvolverán na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola os venres 8, 15 e 22 de novembro ás 18:00 h. Unha boa forma de pasar a tarde en familia.




Xa sabedes que o proxecto anual deste curso xira ao redor do Universo así que aproveitando que na nosa biblioteca temos contos e libros relacionados co tema comezamos a miralos e a investigar un pouco máis o que alí aparece. Ademais, Manuel trouxo un Atlas do espacio que nos está gustando moito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario