Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 12 de novembro de 2019

MIRANDO AS ESTRELAS




Xa sabedes que este mes andamos a voltas coa ciencia na biblioteca. Pois nun libro que temos de experimentos apareceu un que nos gustou e hoxe puxémonos mans á obra. Seguindo na liña da reciclaxe fixemos un instrumento para mirar a Estrela Rosalía (lembrade que hoxe é o último día para votar en http://nombraexoplanetas.es/!). Coa axuda dunha lanterna podemos proxectar a nosa estrela onde queiramos: na parede, no teito, na roupa, no chan... e facela máis grande ou máis pequena alonxándonos ou achegándonos. Non sabedes canto nos gustou!






Ningún comentario:

Publicar un comentario