Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 9 de novembro de 2018

XOGOS DE MESA

Os venres a profe Olalla de Educación Física vainos enseñar a xogar a unha chea de xogos de mesa. Hoxe estreamos un elaborado e adaptado por ela (inspirado no xogo Batti Burri) relacionado co circo. Ao longo destas sesións imos aprender a observar, a respectar a nosa quenda, a pensar e empregar a lóxica, a contar, facer series, ampliar o noso vocabulario, a colaborar... e a disfrutar xogando cos compañeiros e compañeiras sen que nos importe gañar ou perder.


Ningún comentario:

Publicar un comentario