Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 14 de novembro de 2018

O PROBLEMA DOS PLÁSTICOS NO MAR

E vaia problema! Hoxe limos unha noticia no Faro de Vigo que nos deixou abraiados: a cantidade de animais mariños que morren por mor dos plásticos que contaminan os mares e os océanos. Vimos unhas fotos dunha cría de golfiño que nadaba na Ría de Arousa cunha bolsa de plástico enleada no fuciño. Os golfiños adoitan xogar coas algas e poden comer medusas. Se un golfiño confunde unha bolsa con alimento e a inxire, pódelle provocar unha obstrucción intestinal e morrer. Son moitos os problemas que produce a contaminación do lixo que as persoas arroxamos ao mar.
Falando de como podemos contribuír a que esto mude, decidimos que sempre imos botar o lixo ao colector, imos reciclar, empregar menos plásticos dun só uso e reempregalo na medida do posible. E cando vexamos condutas inaxeitadas, recoñecelas e non reproducilas. Imos polo bo camiño!



Ningún comentario:

Publicar un comentario