Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 9 de maio de 2017

CARLOS CASARES TRADUTOR



Hoxe na biblioteca de Leiro agardábanos un novo recuncho: o de Carlos Casares! Coñecimos outros contos que escribiu, ademais do da Galiña azul: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (teatro), O can Rin e o lobo Crispín, Este é Toribio, Lolo anda en bicicleta... Pero ademais había outros libros que el non escribira e que estaban no recuncho. Que estaba pasando? Axiña o descubrimos: Carlos Casares traduciu ao galego obras doutros autores, como por exemplo O Principiño e tres libros da colección Os primeiros libros dos nenos (Eu son un paxaro, Eu son un neno, Eu son un peixe). Cando andaba a voltas coa tradución do Principiño, comezou unha colección desta obra escrita en multitude de linguas e editada en diferentes formatos que anda nestes momentos a percorrer a xeografía galega e que se puido visitar no Lectoriño de Vilagarcía.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario