Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 6 de maio de 2017

CARLOS CASARES E A GALIÑA AZUL




Este ano 2017 o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Carlos Casares. O Seminario Galán, como cada curso, fai un traballo de investigación do que resultan toda unha chea de propostas para que nas escolas poidamos achegarnos ao autor homenaxeado. Nós estamos aproveitando todo este esforzo para coñecer un pouco máis a este grande escritor, a súa vida e obra. Xa limos o conto A galiña azul, que nos gustou moitísimo e ao longo deste mes iremos lendo e coñecendo outros moitos contos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario