Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 1 de xuño de 2016

HOXE VISÍTANOS O AVÓ DE RODRIGO, UN DESEÑADOR GRÁFICO





A iso da hora do recreo veunos visitar o avó de Rodrigo S. José foi o que agora se chama deseñador gráfico e traballou nunha imprenta facendo moitos dos libros que temos na nosa biblioteca.  Para facer un libro hai que pensar primeiro un texto e escribilo, facer as ilustracións axeitadas ao texto e despois aínda queda montalo. José falounos de como agora existen unha chea de máquinas que aforran tempo e traballo: impresoras xigantes que imprimen moitas páxinas xuntas, pregadoras que pregan ese papel que mide 1 metro por 70 centímetros e o preparan para cortar coa guillotina, máquinas que cosen as páxinas e encolan para pegar no lombo... Tamén nos dixo que todas as cores que aparecen nun libro fanse só con 4: maxenta, amarelo, azul e negro, que cómpre mesturar para conseguir as outras.
Tamén houbo tempo para debuxar. A José, igual que ao noso compañeiro Rodrigo S., encántalles debuxar e pasan moitas tardes facendo debuxos xuntos. José díxonos que a debuxar apréndese debuxando cousas, moitas cousas, cousas que che gustan, comezando por algo sinxelo e mellorando coa práctica. Despois fixemos un xogo: un voluntario facía unhas raias, unha borracha, unhas liñas... e José convertíaas nun debuxo. Mirade nas fotos cantas cousas bonitas saíron! 
José agasallounos con dous libros para a escola e un caderno para cada un de nós, un caderno de artista, onde poder debuxar todo aquelo que se nos ocurra. A visita finalizou con aplausos e unha merenda fóra (aproveitando que o tempo fai honra ao refrán do día de hoxe: Cielo de junio, despejado como ninguno) na que non deixamos nin unha miga das magdalenas que trouxo a nai de Rodrigo S.
Moitísimas grazas ao avó Otero pola visita e por todo o que aprendimos hoxe con el. Foi unha mañá moi especial!












Ningún comentario:

Publicar un comentario