Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 3 de xuño de 2020

O ATRAPASOÑOS DE MARTA




Marta animouse a facer o atrapasoños que propuxemos nesta entrada. Empregou cartón para o aro, unha pluma de galiña e outra de canario e adornos que tiñan pola casa para acabar de decoralo. 
Quedou fantástico, Marta! Moitas grazas por compartilo, seguro que ao ver o teu atrapasoños alguén máis se decide a facer o seu.

martes, 2 de xuño de 2020

XOGANDO COAS SIMETRÍAS





No vídeo podedes atopar dez actividades moi xeitosas para traballar a simetría e a lateralidade. Animádevos a facer algunha que vos guste! Tamén podedes imprimir este material picando aquí.

luns, 1 de xuño de 2020

COCIÑEIRAS ILUSTRADAS


Comezamos unha nova semana apuntando na nosa axenda unha cita para os sábados desde o 13 de xuño ata o 11 de xullo: COCIÑEIRAS ILUSTRADAS
Cinco recoñecidas ilustradoras galegas daranlles vida cos seus debuxos a ricos manxares preparados polos cociñeiros da Escola de Hostalería Belarmino Fernández.
Lembrádesvos da proposta da Ensalada de círculos? Pois mesturando cociña e debuxos seguro que aprenderemos a facer novas receitas divertidas coas cociñeiras ilustradas. Se queredes ir practicando, do libro La cocina de dibujos de Hervé Tullet deixámosvos unha nova proposta: Ensalada de mans.
Xa sabedes que podedes mandar todo o que fagades para compartir e aprender todos xuntos!



venres, 29 de maio de 2020

XOGOS PARA O BO TEMPO

Levamos uns días que o bo tempo acompaña. As ganas de xogar e de saír son moitas. E tamén de refrescarse! Imos á praia, bañámonos na piscina...

Hoxe imos coñecer varios xogos de auga alternativos aos típicos con globos. Así evitamos contribuír ao aumento de microplásticos e ao perigo de asfixia que poden producir os anaquiños resultantes despois de explotar. Picade na imaxe para acceder (a foto pertence a esta páxina: 15 maravillosas fotografías de niños jugando por todo el mundo)



E para as que sodes máis de ir á praia, aquí podedes atopar unha lista de 70 actividades para facer na praia con recursos naturais. Picando na imaxe tedes a lista en formato pdf.



Xa sabedes que podedes compartir calquera idea, foto, actividade... que fagades. Feliz fin de semana!

xoves, 28 de maio de 2020

FELIZ CUMPLE, ALICIA!!

Hoxe é o cumple da nosa amiguiña Alicia. Xa fai 4! E estivemos preparándolle unha sorpresa para felicitala e dicirlle canto a queremos. Parabéns, Alicia! Que pases un moi feliz día de cumple!


A profe Lupe tamén ten unha sorpresa para Alicia no seu blog! Picade aquí para descubrila.

Alicia mándanos un vídeo! 



mércores, 27 de maio de 2020

A LENDA DOS ATRAPASOÑOS

Ás veces aparecen medos ou pesadelos que non nos deixan durmir. Para espantalos e quedar só cos soños bos, hoxe imos aprender a facer un atrapasoños  A súa orixe remóntase ás tribos indias americanas. Queredes coñecer esta fermosa lenda? Picade na imaxe.

A lenda dos atrapasoños


martes, 26 de maio de 2020

DIEZ ARDILLAS



Despois de escoitar o conto cantado Diez ardillas, pertencente á Colección La cereza da Editorial Combel, imos escribir os números do 1 ao 10 en papeliños e buscar pola casa obxectos que se repitan tantas veces como indica o número da tarxeta. Contade ben, non vos vaiades despistar! Que atopáchedes?