No libro La cocina de dibujos, de Hervé Tullet podemos atopar receitas moi artísticas. Para elaboralas só necesitamos cores e a nosa imaxinación. Imos comezar con algo lixeiro: Ensalada rápida de círculos. Tedes todo listo? As mans ben lavadas? Comezamos! Necesitaremos a axuda dun chef que saiba ler para que nos vaia lendo en alto a receita. Podedes imprimir o prato para crear a receita e escribir o voso nome e o título da receita.
Que tal quedou a ensalada? Seguro que ten unha pinta deliciosa!
Que tal quedou a ensalada? Seguro que ten unha pinta deliciosa!
Quedáchedes con fame? Animádesvos a facer esta mesma receita para merendar? Un adiviña comefroitas con círculos! Hai que buscar a maneira de que todas as froitas que aparezan no prato teñan forma de círculo. Para iso necesitaremos a axuda dun chef adulto que corte as froitas en círculos. Podemos cortar un plátano en círculos? E unha laranxa? E unha uva? Despois de telas todas cortadas temos que emplatalas e cando as teñamos listas... papalas!
Mandades foto da receita artística e do comefroitas de círculos para compartir?
Ningún comentario:
Publicar un comentario