Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 29 de marzo de 2019

CALENDARIO DE ARTE 2019-20120: BOTERO E O CIRCO

Xa estamos metidos de cheo no calendario de arte do vindeiro curso 2019-2020 adicado ao circo de Botero. Ademais de coñecer unha ducia de cadros relacionados co mundo do circo, na biblioteca atopamos libros que nos falan do grande artista Fernando Botero.



Sabedes cantas veces aparece neste libro a palabra gordo? Pois contámolas coa profe Olalla e nada máis e nada menos que...54 veces! Porque a Botero gústalle moito pintar obxectos e persoas gordas. O seu estilo é moi peculiar!


























CUMPLE DO MES DE MARZO




En marzo Alba fai 6 e quixo celebrar no cole o seu cumple cos seus amigos e amigas. Torta, festa, xogos...Parabéns, Alba!









XOGANDO FÓRA

Venres de xogos ao aire libre: lanzamentos, velocidade, atención, desprazamentos... Así dá gusto!









martes, 26 de marzo de 2019

DRAGÓNS, RATOS E CURUXAS



Canto estamos aprendendo con Draco na súa viaxe polo Reino das Emocións! Esta vez despois de ler o conto e ver como reaccionaban Draco, o rato e a curuxa, puxémonos en acción. Sentamos a Draco, ao rato e á curuxa en cadansúa cadeira. E dramatizamos por parellas ou pequenos grupiños as situacións que viñan na ficha de traballo pero cambiando os nomes polos nosos. Ao acabar, a profe preguntaba como se portara/reaccionara unha das personaxes: como Draco, como o rato ou como a curuxa? Explicabamos por que e poñiámonos detrás da súa cadeira. 
Dependendo da situación era máis ou menos doado identificar os comportamentos. O que case sempre tiñamos claro era cando alguén se comportaba como un dragón (chillar, pegar, empurrar...) Pero axiña descubrimos quen facía de curuxa (explicar a situación, falar...) e quen de rato (agacharse).
Pasámolo moi ben facendo o teatro e a partir de agora seguro que nos vai axudar moito a resolver os posibles conflitos que poidan aparecer na aula ou no patio.