Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 8 de novembro de 2016

OBRADOIRO DOS SENTIDOS: O GUSTO


Hoxe na biblioteca falamos dos sentidos e fixemos un obradoiro relacionado co sentido do gusto. Logo de ver o vídeo probamos alimentos dos catro sabores e tiñamos que adiviñar a través do sentido do gusto que alimento era e que sabor tiña. Probamos pepino e chocolate amargos, limón e pomelo ácidos, gusanitos, queixo, olivas e galletiñas salgadas e rematamos con chuches e millo doce. Ao final o mural da lingua e dos sabores quedou completo. Seguro que vós adiviñades á primeira que sabor foi o que máis nos gustou!








xoves, 3 de novembro de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA


Inauguramos o mes de novembro adicado á ciencia en galego nas bibliotecas, facendo un xogo coas sombras no patio. Cada un escolleu un animal da cesta e púxoo na mesa. A sombra proxectada cambiaba ao ir virando o animal. Nunha posición víase o peteiro do pingüín, noutra non; a sombra da vacaloura case non se vía porque era moi baixiña pero se a poñíamos en posición vertical víase perfectamente. Cando decidimos que era a posición que máis nos gustaba, debuxámolo seguindo a silueta da sombra co rotulador e despois completando os detalles que faltaban. Tivemos tamén un momento no que unha nube tapou o sol e as sombras "marcharon"!



RÍOS DE GALICIA

Mirando no mapa atopamos unha chea de ríos que pasan por Galicia. Distínguense porque van pintados de azul e os seus nomes tamén están escritos nesta cor. O que máis preto temos é o Umia, que coñecemos de primeira man e mesmo algún tense bañado nel no verán.


PEREGRINOS A SANTIAGO





RESUMO DO MES DE OUTUBRO



mércores, 2 de novembro de 2016

HISTORIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


Neste vídeo coñecimos a historia da cidade de Santiago de Compostela e a lenda que deu lugar á construcción da Catedral.