Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 3 de novembro de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA


Inauguramos o mes de novembro adicado á ciencia en galego nas bibliotecas, facendo un xogo coas sombras no patio. Cada un escolleu un animal da cesta e púxoo na mesa. A sombra proxectada cambiaba ao ir virando o animal. Nunha posición víase o peteiro do pingüín, noutra non; a sombra da vacaloura case non se vía porque era moi baixiña pero se a poñíamos en posición vertical víase perfectamente. Cando decidimos que era a posición que máis nos gustaba, debuxámolo seguindo a silueta da sombra co rotulador e despois completando os detalles que faltaban. Tivemos tamén un momento no que unha nube tapou o sol e as sombras "marcharon"!



Ningún comentario:

Publicar un comentario