Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 15 de maio de 2019

O CASAMENTO DA PULGA

No Cantigueiro de Cotobade, Antonio Fraguas reolleu O casamento da pulga. Hoxe limos o conto que tiñamos na biblioteca e deseñamos a roupa para irmos de voda.





Adaptación dun conto recollido por Antonio Fraguas no Cancioneiro de Cotobade: Casamento da pulga. Letras Galegas 2019. Realizado polo CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada, e o CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, da Coruña.

martes, 14 de maio de 2019

ANTONIO FRAGUAS NA BIBLIOTECA

Hoxe na biblioteca atopamos un recuncho adicado a Antonio Fraguas. Ademais dos libros había os carteis gañadores da exposición do Día das Letras galegas. Dez carteis que fomos lendo e descubrindo algo máis sobre o mestre Don Antonio.



luns, 13 de maio de 2019

DANA, CAPITÁ ARROAZ!

Dana acabou o álbum dos bocatas de peixe e os Arroases quixeron mandarlle un agasallo para que siga poñéndolle as pilas ao seu bocata. Parabéns, Dana! Estás feita unha Capitá Arroaz!





sábado, 11 de maio de 2019

RECECUARIO

O noso Rececuario está en marcha. Cos peixes e mariscos das receitas que trouxemos da casa no Nadal imos montar un acuario para compartir con todos vós o día da festa de fin de curso. Preparade nos móbiles unha aplicación que lea códigos QR porque ides quedar abraiados coa chea de receitas que temos preparadas...








venres, 10 de maio de 2019

CALENDARIO DE ARTE PARA O VINDEIRO CURSO

Rematamos o calendario do vindeiro curso 2019-20. Cando comecemos logo do verán, poderedes estrealo e lembrar cada mes un cadro de Fernando Botero e un personaxe do circo.


DIEGO E ANTONIO FRAGUAS

Moitas grazas a Diego a a súa nai!

DONA CARME E DON ANTONIO FRAGUAS



Antonio Fraguas recollía cantigas e tamén contos da tradición oral. Un moi divertido que seguro que a el tamén lle gustaba é o de Dona Carme. Non o coñecedes? Pois na páxina de Orella Pendella podedes atopar varias versións. E no vídeo a canción de Mamá Cabra.

Facendo o teatro e despois os debuxos de Dona Carme