O Calendario de arte do curso 25-26 quixemos adicarllo ás Fenómenas do Rural do artista Yoseba MP. Con el achegámonos a 12 superavoas e a 12 contos relacionados co tema que trata cada mural: as mulleres e o fútbol, a problemática dos incendios no rural, a tradición oral e a música tradicional, o traballo das percebeiras... Canto aprendimos!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 12 de xuño de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA
O vindeiro domingo 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. A nosa superheroína das letras galegas foi retratada xunto outros membros dos Power Letters polo muralista Yoseba MP no IES Maximino Romero de Lema.
domingo, 16 de febreiro de 2025
SUPERBROCHETAS DE FROITAS
![]() |
| Adán e as súas superbrochetas de froitas |
![]() |
| SuperAlma, SuperTito e as súas superbrochetas de froitas |
![]() |
| Carmen facendo as súas superbrochetas de froitas |
![]() |
| Carmen e as súas superbrochetas de froitas listas para merendar |
![]() |
| Eric e as súas superbrochetas de froitas |
![]() |
| Aroa e as súas superbrochetas de froitas |
martes, 4 de febreiro de 2025
FENÓMENAS DO RURAL
Esta semana achegámonos ás avoas retratadas polo muralista Yoseba MP na súa serie Fenómenas do rural. A primeira parada foi no mural de Lola de faia, o ciclón de Buño, que podemos atopar en Santa Cruz (Oleiros).
mércores, 19 de xuño de 2024
MURAL Á VISTA DE LIDIA CAO! UN MURAL, UN CONTO
Deixámosvos o xogo que fixemos cos murais de Lidia Cao e os contos que os acompañaban. A ver se os acertades todos! Picade na imaxe para abrir o Genially. Lembrade pasar a páxina, que hai doce!
luns, 17 de xuño de 2024
A DANZA DAS ANDURIÑAS
Co último mural de Lidia Cao investigamos un pouco sobre os paxaros que alí aparecían: as anduriñas. Vimos fotos de como fan os seus niños, como alimentan as súas crías... E coñecimos a Carrasco, o neno protagonista do conto Cara de pájaro. Queredes coñecelo vós tamén?
LA ESPERA
Que esperará a muller do mural de Lidia Cao? "El autobús, que llegue alguien, a que la flor que tiene debajo ya no está pocha..."
O conto que acompaña o mural é Un Máis. Lémolo e volvemos preguntar: Que espera a muller do mural? "CONEJOS!!!!!"
mércores, 5 de xuño de 2024
UN ABRAZO
venres, 24 de maio de 2024
ERREKA MARI Y EL PEINE DE ORO
O martes descubrimos un novo mural de Lidia Cao: Erreka Mari y el peine de oro, ubicado xunto ao río Urumea. A Mari é unha deusa da mitoloxía vasca, personificación da nai terra e raíña da natureza. Xeralmente preséntase con corpo e faciana de muller con abundante cabeleira loura, que peitea ao sol cun peite de ouro.
Para nós é unha serea que cada vez que pasa o peite de ouro polos seus cabelos, aparece un peixiño.
Buscamos un vídeo para aprender a debuxar unha serea e saíron unha decena delas:


















































