Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 5 de xuño de 2024

UN ABRAZO

 



Un novo mural de Lidia Cao, esta vez en Zaragoza: El abrazo. Falamos sobre o que aparece na imaxe: "Son dúas mulleres", "Están dándose un abrazo", "Hay muchas hojas", " Una estaba triste y necesitaba un abrazo". Falamos tamén de cando damos nós apertas e a quen: "A mamá", "A papá", "A los abuelos", "A la tía", "A los amigos", "A mi perro", "A mi gato" "Cuando estoy triste mami me da un abrazo", "Cuando me hago daño y lloro", "Cuando marcha alguien: los abuelos", "Para pedir perdón"...
Apertas. Canto reconfortan en determinados momentos! 
O conto que acompaña o mural é O abrazo, da Editorial Algar. No vídeo descubriredes que lles pasou a tartaruga e ourizo e unha actividade sorpresa para facer na casa.








Ningún comentario:

Publicar un comentario