Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 10 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA 2024

 Ao longo desta semana celebrouse a Semana da prensa. Nós adoitamos ler noticias ao longo de todo o curso, comentalas, buscar infomación adicional... Aproveitando que se inaugurou o Salón do Libro de Pontevedra, estivemos lendo unha noticia e mirando as fotos e enterámonos de que este ano está dedicado á maxia e que Orbil, a mascota do Salón, aproveitou a ocasión para disfrazarse de mago cun gorro, unha capa e unha variña máxica. 



Outro día enterámonos de que en Vigo hai unha exposición ben curiosa.



Buscamos a páxina web de Comedy Wildlife e atopamos as fotografías finalistas e gañadoras dos últimos anos. Non sabedes canto nos rimos con algunhas delas xogando a pensar que estarían dicindo os animais que aparecían retratados. Se vos apetece velas en familia, picade aquí e ide abrindo as galerías.





Ningún comentario:

Publicar un comentario