Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 9 de marzo de 2023

SEMANA DA MULLER: MÚSICA, MESTRA!

 


Hoxe tivemos a visita de Elisa, a irmá de Sofía. Veu amosarnos como toca a trompa, un instrumento de vento metal moi curioso que toca desde os 7 anos. Elisa ensaia dous días á semana na escola de música e tamén toca na banda. Ollamos o seu libro de partituras e gozamos co "Himno de la alegría" e con "Estrellita, ¿dónde estás?". Mesmo acompañamos esta última cantando mentres ela tocaba!

Moitísimas grazas por vir, Elisa! Foi un pracer recibirte outra vez na escoliña á que viñas de pequena, ver canto medraches e compartir contigo este rato musical. E moitas grazas á familia de Sofía por participar sempre con tanto agarimo nas propostas do cole.







Ningún comentario:

Publicar un comentario