Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 3 de febreiro de 2023

ANNA LLENAS, ILUSTRADORA

 


O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Ilustración e nós quixemos coñecer un chisquiño máis a obra  da ilustradora Anna Llenas. Temos varios dos seus libros no cole. A semana pasada limos Se eu fose un gato e hoxe contamos O mostro de cores. Fixándonos nas ilustracións que esta autora fai, vimos que emprega a técnica do colaxe. Coreando, recortando e picando anaquiños de cartón, cartolina e mesmo páxinas do xornal, crea as paisaxes e as personaxes que aparecen nas súas historias.

Despois quixemos probar nós. A ver que tal se nos daba. E a verdade é que saíron creacións ben curiosas. Mirade, mirade!














Ningún comentario:

Publicar un comentario