Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 9 de decembro de 2022

O ELFO FEDERICO E O NADAL NOUTROS PAÍSES

 


Hoxe o Elfo Federico sorprendeunos novamente cunha das súas trasnadas: colleu unha chea de contos da nosa biblioteca e colocounos en forma de árbore de Nadal. E a que non sabedes onde se meteu el? Dentro do conto que puxo arriba de todo! Ese conto tiña marcadas dúas páxinas con dúas historias que nos encantaron. Na primeira delas coñecimos ao meniño Claus, que se criou coas fadas en Laponia e de maior convertiuse no noso Papá Noel. Na segunda historia coñecimos o paxaro kiwi e como cada ano axuda a Papá Noel a repartir os agasallos en Australia. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario