Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 6 de maio de 2021

O ESCARAVELLO DE XULIA






Xulia atopou un escaravello e quixo compartir con nós as fotos da casa que lle fixo cunha caixa de zapatos. Comida, unha alfombra de follas, un pau para escalar, un recipiente para a comida e unha chapa dunha botella para a auga. Non lle falta detalle!

Aproveitamos para ler un libro que nos deixou Zapatocas da biblioteca de Leiro e aprender máis sobre os escaravellos. Sabedes que teñen o sentido do olfacto nas antenas e nos pelos das patas? E que algúns comen caracois? Tamén atopamos no libro o escornabois de Adriana! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario