O 20 de xaneiro celébrase o Día da Concienciación polos Pingüíns. Vimos un vídeo para aprender algo máis destes simpáticos animais: onde viven, características, que comen, cales son os seus inimigos, como se reproducen... Cando estabamos escoitando esta canción, Xulia dixo que tamén podiamos bailar como pingüíns. Buscamos no ordenador e bailamos coma pingüíns. A moverse todos!
Sabedes que está activa unha campaña de apadriñamento de pingüíns? Eliximos entre toda a clase un nome para pollerlle e mandamos a nosa solicitude. A ver cando nos chega o diploma! Se queredes participar desde as vosas casas, aquí vos deixamos o enlace. É de balde e colaboramos nunha boa causa.
E por fin chegou o noso diploma! Picade aquí se queredes coñecer a Manolo o pingüín e o noso compromiso de coidar o medio ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario