Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 11 de decembro de 2020

QUIERO UNA BALLENA

 


O conto da árbore de Nadal de hoxe conta a historia dunha nena que quere unha balea como mascota. A súa nai non está moi dacordo. Logo de buscar a maneira de estar coa balea, ao final atopan a mellor forma.

Falamos das nosas mascotas. A meirande parte temos cans e gatos. Se non é na casa, é na casa dos avós. Tamén pensamos en que animais se poden ou non ter como mascotas e por que. No cole temos animais de xoguete que fomos mirando e comentando se se podían ou non ter como mascota. Tamén temos unha balea coma a do conto. Xuntamos trece nunha bolsa e a cada un nos tocou un animal que, como a balea, non se pode ter como mascota por diferentes motivos: é moi grande e non colle na casa, é salvaxe, pode atacarnos, necesita o mar para vivir... 

O que nos quedou claro é que os animais necesitan coidados e que se os temos na casa hai que dárllelos. E que os animais salvaxes onde mellor están é libres e no seu hábitat.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario