Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 15 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS SORPRESA

Hoxe viñeron visitarnos Alba, Breixo e Lucía. Os tres xa están en Primaria e como non tiñan cole pasaron pola súa antiga escoliña de infantil para facernos un contacontos. Alba trouxo historias de dragóns, con Breixo lembramos o conto de Lúa e Lucía contounos La ovejita que vino a cenar. Moitísimas grazas por vir e compartir con nós o voso día libre. Encantounos a vosa visita!


Ningún comentario:

Publicar un comentario