Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 3 de decembro de 2019

O APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA

Na nosa biblioteca temos dous libros do Apalpador. O martes pasado limos o primeiro, onde se presenta. E hoxe coñecimos a historia da castaña máxica.



Como nos gustan moito as castañas, investigamos un pouco e descubrimos a páxina do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, onde aparecen unha chea de variedades de castañas galegas. Sabedes que cada variedade ten o seu ourizo e unha forma diferente, tanto por dentro como por fóra? Picade aquí para velas!




E se queredes escoitar as cancións do Apalpador, picade nos enlaces: Apalpador Brinca Vai, Canción e baile do Apalpador, Malvela O Apalpador




Ningún comentario:

Publicar un comentario