A baralla de cartas de animais que trouxo Diego resultou todo un éxito para xogar. Había que ler o nome do animal e darlle a volta á carta para comprobar que era ese e poder gañala. Despois sacamos dun bote unha letra e cada un tiña que mirar as súas cartas e ver se tiña algún animal que comezara por esa letra para poder desfacerse da carta.
Xogamos os que sabiamos ler e os que non, buscabamos un compañeiro que nos axudara para xogar en parella. Pasámolo xenial!
Ningún comentario:
Publicar un comentario