O videiro 27 de abril de 16 a 18 horas, na Cidade da Cultura de Santiago, lecer en familia. Picade na imaxe para acceder a toda a información e aquí para consultar a Guía de actividades. A entrada é de balde.
Cidade Imaxinaria Primavera 2019
Chega a primavera e con ela regresa a fantasía de Cidade Imaxinaria!! Nesta estación na que todo volve agromar, na Cidade da Cultura emerxen mundos soñados, personaxes incribles, máxicas historias e formas imposibles.
O 27 de abril agardámosvos a partir das 16 horas con espectáculos cheos de cor, música, cambadelas e viravoltas. Espectaculares coreografías, circo e clown, teatro de rúa, equilibristas, malabaristas, xogos de enxeño, fantásticas instalacións inchables e ata un orixinal labirinto de cor onde só a vosa habelencia vos permitirá atopar a saída entre os múltiples camiños posibles!
Nunha cita que chega só uns días despois da celebración do Día Internacional de Circo, non faltará por suposto a xa tradicional Escola de Saltimbanquis da Cidade Imaxinaria, onde a cativada poderá deixar saír sen medo o intrépido acróbata que todo neno e nena leva dentro.
Contaremos tamén, como non, cunha animada zona de descanso con postos de bebidas e petiscos variados, doces e salgados, onde repor forzas entre tanta festa rachada. Vinde viaxar connosco a través de fabulosas historias nunha tarde de sábado ao aire libre na que a maxia e a diversión encherán cada recuncho do Gaiás, contaxiando a pequenos e pequenas, e tamén aos e ás que nunca deixan de selo.
Espectáculos de pista
- On time | Cia Vaya [16.30-17.00h e 19.00-19.30h]
- Imagine Dixie Fly | Kanbahiota Troup [17.00-17.30h e 19.30-20.00h]
- Out of the blù | Francesca Martello [17.30-18.15h]
- Esencial | Vaivén circo [18.15-19.00h]
Espectáculos itinerantes
- Arrumadores de pessoas | Radar 360 [16.00-16.45h e 17.30-18.15h]
- Os Coruscantes | Picto Facto [16.45-17.30h e 18.30-19.15h]
Espazos lúdicos para imaxinar [16 - 20h]
- Escola de Saltimbanquis | Pistacatro
- Labirinto | Itinerània
- Billevesées | Picto Facto
- Els recicloperats | Katakrak
- O Bosque dos sentidos | Risotadas
Ilustración Cidade Imaxinaria Privavera: Sr.Reny
Ningún comentario:
Publicar un comentario