Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 5 de decembro de 2018

DIEGO E CHISPA

Hai un tempo que Diego está moi contento e o motivo non é outro que Chispa, a súa preciosa cadeliña. Hoxe quixo que a coñecéramos e puidemos comprobar o bonita, agarimosa e xoguetona que é. Xa sabemos que as mascotas non son xoguetes e necesitan coidados. Seguro que Diego, co que quere a Chispa, vai ser un neno responsable e vaina coidar moito. Moitas grazas, Irene e Diego, por compartir este momento con nós!







Ningún comentario:

Publicar un comentario