Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 29 de maio de 2018

SABELA E O TESOURO DA ESCOLA

Onte no patio apareceu un sobre cunha carta asinada polo mestre arquitecto. E que é un arquitecto? Vimos dous vídeos que nos recomendou Sabela e que nos axudaron a comprendelo mellor: O vídeo do arquitecto e Que é a Arquitectura?



Logo de ler a carta e pensando, pensando chegamos á conclusión que a aula onde máis movemos o corpo é na que facemos Educación Física así que hoxe ao chegar a Leiro puxémonos a buscar e alí atopamos outra carta cunha nova pista e un aparello que non coñeciamos: un compás. 
A nova pista levounos á biblioteca, onde atopamos outro sobre e un cartafol cheo de planos. A seguinte pista levounos a unha aula chea de ratos. Sabedes cal? A de informática! E detrás da pizarra dixital, un sobre e outro aparello que tampouco coñeciamos: un cartabón. A última pista que atopamos levaranos novamente á Escola de Ribadumia porque fala dunha aula onde podemos facer unha orquestra: a de música! (Iso xa volo contaremos...)

Pero por hoxe xa nos chegaba con tanta información e alá fomos á biblioteca a probar o compás e o cartabón. Sabedes que isto de conseguir facer un círculo cun compás non é nada doado? A profe trouxo tamén uns moi grandes que son para empregar na pizarra de xiz. Case non collían no folio!
Tamén observamos os planos do cartafol e conseguimos atopar un campo de fútbol, mesas e cadeiras, os váteres e os lavabos, escaleiras, a aula de música, a aula de informática...






1 comentario:

  1. Precioso o vídeo de Qué es la Arquitectura?. Aínda que me abre en catalán transmite tan ben a mensaxe que creo que se entende practicamente todo, aínda sen coñecer o idioma.

    ResponderEliminar