lunes, 5 de marzo de 2018

O QUE MÁIS ME GUSTA






Cada un ten os seus gustos, diferentes dos demais. Hoxe falamos de cousas que nos gustan e escoitamos as preferencias dos compañeiros. E fixemos o noso átomo de cores: a vermella para a nosa canción favorita, a azul para a comida que máis nos sabe, a laranxa para o noso xogo preferido, a verde para o conto que máis nos gusta ler e a amarela para o nome do xoguete co que máis xogamos. No medio, un círculo pintado da nosa cor preferida e rematamos con dúas pegatinas de cariñas contentas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario