Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 10 de novembro de 2017

DESPEDIMOS A PROFE LAURA

Ao longo de varias semanas a profe Laura estivo con nós facedo as súas prácticas do último curso de carreira. Elixiu o noso cole para coñecer máis polo miúdo como traballamos e como funcionan a nosa escola e o CRA. Hoxe remataba o seu traballo e quixémoslle agradecer o seu agarimo e todo o que aprendimos con ela dándolle un agasallo pequeniño dun trasno para que se lembre de nós e moitísimos bicos. Xa sabes onde estamos, Laura! Vén visitarnos cando queiras e moita sorte na túa aventura de ser mestra!




Ningún comentario:

Publicar un comentario