Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 3 de outubro de 2017

SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS



Hoxe na biblioteca de Leiro coñecimos a Sabela. Sabela ten cinco anos e vive nunha vila pero encántalle ir á casa dos avós á aldea. Un día de trebón que non podía ir xogar fóra, Sabela decidiu xogar dentro da casa e descubriu un segredo no faiado.

Imos ir con Sabela a investigar! Se queres vir con nós...

Abre ben os ollos,
afina as túas orellas,
toca coas túas mans,
ule co teu nariz 
e... corre cos pés lixeiros!



Se queredes saber máis sobre este proxecto, picade aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario