Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 21 de abril de 2017

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO E LECTORIÑO 2017




O vindeiro domingo 23 de abril celébrase o Día do libro e nós quixemos lembrar a lenda de San Xurxo e o dragón e facer un marcapáxinas cos personaxes grazas aos selos que nos emprestou a mamá de Hugo. Moitas grazas, Noe, quedaron fenomenal! Aproveitamos para lembrarvos a chea de actividades nas que podedes participar esta fin de semana en Vilagarcía da man do Lectoriño '17(picade na imaxe para vela máis grande). Non volas perdades!


Ningún comentario:

Publicar un comentario