Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 28 de febreiro de 2017

FESTA DO ENTROIDO: MALVAD@S DOS CONTOS

O pasado 24 de febreiro celebramos a festa do Entroido no Auditorio de Ribadumia. Xogamos e bailamos á entrada mentres agardamos a que nos chamaran para unha sorpresa: Os Arroases viñeran visitarnos! Con eles lembramos a importancia de incluir peixe na nosa dieta, a responsabilidade que temos co medio ambiente e o coidado do mar, fomos de pesca co mariñeiro Luis e acabamos coñecendo receitas saborosas de peixe da man da cociñeira Mariña. Ao rematar merendamos con doces típicos de Entroido que trouxeron as familias dos nenos e nenas de 3 anos (moitas grazas, familias! Estaba todo delicioso!!). E para finalizar a mañá, vestímonos cos disfraces que levamos elaborando xa desde hai tempo e que estaban relacionados cos malvad@s dos contos: Leiro e as brux@s, Lois e Cruela cos seus dálmatas, Ribadumia con Scarlett, Herb e os Minions, Sisán co Capitán Garfio, Peter Pan e Campanilla. Xa que o tempo acompañou (iso que facía un vento incrible) fixemos un desfile pola rúa acompañados por familias e amigos que se apuntaron a vir con nós. E rematamos a xornada comezando as vacacións de Entroido. Voltamos ao cole o vindeiro 2 de marzo, xoves. Desfrutade moito!!











Ningún comentario:

Publicar un comentario