Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 5 de setembro de 2016

2016-2017: CHEGA UN NOVO CURSO!

Chega setembro e con el un novo curso. O blog da nosa clase ábrese un ano máis para contarvos todo o que imos facendo no cole. E o primeiro será darvos a benvida ao CRA o vindeiro luns 12 de setembro nunha reunión informativa para as familias e o alumnado da Escola de Ribadumia que se celebrará ás 10 da mañá na nosa escola. Nesta reunión falaremos de temas de interese (período de adaptación, calendario escolar, material, horario...) e resolveremos todas as dúbidas que xurdan.

Non faltedes! Vémonos na escola o luns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario