Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 15 de maio de 2016

MANUEL MARÍA NA NOSA BIBLIOTECA

Desde o equipo de biblioteca fíxose unha proposta para homenaxear a Manuel María aproveitando o material Primavera das Letras da Real Academia Galega. A cada aula tocoulle un poema de Manuel María e unha ilustración. Había que escribir o poema entre todos e decoralo para facer un mural que lucira ben fermoso na nosa biblioteca. A nós tocounos O Merlo. Cada un escribiu un verso e entre todos coloreamos o debuxo. Estamos desexando ver todos na biblioteca! Seguro que a Zapatocas vanlle encantar!







Ningún comentario:

Publicar un comentario