Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 17 de febreiro de 2016

PLAN PROXECTA: O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Ao longo deste curso estamos desenvolvendo un proxecto sobre hábitos de vida e alimentación saudables dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Hai xa un tempo que coñecimos un grupo de amigos, Os Arroases, que grazas a que descubriron as propiedades (forza, visión, intelixencia, axilidade...) que lles aportan os peixes como a sardiña, o mellixón, a troita, a pescada...están a protagonizar unha chea de aventuras. Se queredes ler a primeira aventura picade aquí.




Acompañados por Luís, o patrón do Mascato, aprenderán como funciona o peirao, a lonxa, o traballo da xente do mar e adquirirán hábitos de alimentación e vida saudables que os axudará a afianzarse como grupo e a medrar como persoas.



Un dos Arroases, Serxio, é un apaixoado dos mexillóns. Falamos na clase de que os mellillóns son moluscos bivalvos (que teñen dúas cunchas) comestibles e Rodrigo, ao día seguinte trouxo unha chea de cunchas diferentes. E así é como estamos na nosa clase comezando a nosa colección de cunchas. Se mellora o tempo e podedes ir á praia a buscar algunha, traédeas ao cole para poder observalas e clasificalas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario